aves conservación especies galego Prestige

Prestige: unha porta aberta á reparación do dano causado

arao con fondo
ARO (Uria aalge)

Boas novas! Trece anos despois dos feitos, a sentenza do Tribunal Supremo de 14 de xaneiro de 2016 anula a dictada en 2013 pola Audiencia Provincial de A Coruña e mais abre a porta á reparación do dano causado pola marea negra do petroleiro Prestige. Establece o Supremo que a responsabilidade civil abrangue a restitución e reparación do dano medioambiental en tódolos seus aspectos, e máis a indemnización dos perxuízos materiais e morais.

Grazas ao traballo de centos de voluntarios que peineiraron as praias de Galicia durante meses (ata o 31 de agosto de 2003) recolléronse 12.023 aves mariñas petroleadas, a meirande parte (82%) álcidos. Os álcidos (carolos, aros e aros papagaio) son un grupo de aves mariñas mergulladoras do Atlántico Norte con poboacións invernantes no mar de Galicia. As que aínda estaban vivas foron enviadas a centros de rehabilitación veterinaria, mais foron ben poucas as que conseguiron salvarse (301 aves, 2,5%).

Obviamente, as aves atopadas nas praias son so unha parte da mortandade total. No 2008 publicamos na revista Ecosphere unha estima do número total de aves mariñas que morreron como consecuencia directa do vertido: Mass mortality of seabirds in the aftermath of the Prestige oil spill. Os nosos cálculos indican que so nas costas galegas o Prestige matou ao redor de 100.000 álcidos (o intervalo da estima é 54.113 – 162.313 álcidos).

No sei se este perxuízo ambiental se vai ter en conta; de tódolos xeitos, ficaremos á espera, xa que a cuantificacion dunha posible indemnización pola destrucción de miles de aves plantea un problema ben interesante.

alca con fondo
CAROLO (Alca torda)

0 comments on “Prestige: unha porta aberta á reparación do dano causado

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: