Seguimento remoto de corvo mariño con transmisores GPS/GSM
Corvo equipado listo para ser ceibado
Como parte do seguimento das poboacións de aves mariñas do Parque Nacional das illas Atlánticas de Galicia levamos equipados, entre 2018 e 2020 oito exemplares de corvo mariño (Phalacrocorax aristotelis) con transmisores GPS/GSM. Estes dispositivos rexistran e almacenan posicións GPS que posteriormente transmiten cada certo tempo polo sistema global para as comunicacións móbiles GSM. Concretamente, empregamos o modelo KITE-L GPS-GSM da casa ECOTONE (http://telemetry.ecotone.pl/). O modelo KITE, de 17 g de peso, é axeitado para aves medianeiras (> 600 g), vai equipado cun panel solar e, coas oportunas modificacións de fábrica, é submerxible ate profundidades superiores ás que adoitan baixar os corvos mariños. O acceso aos datos xenerados polos transmisores realízase vía internet, no sitio web de ECOTONE (http://www.ecotone-telemetry.com). Os corvos foron capturados nas illas Cíes, Ons e Sagres que levan transmitido máis de 10.000 localizacións.
Os datos de seguimiento amosan grandes diferenzas no patrón de uso do espazo dos individuos equipados, e suxiren que unha parte importante da poboación de corvos mariños poden estar a alimentarse de cotío fora das augas do Parque Nacional e que mesmo poden pasar longas tempadas fora del. Outro dos resultados importantes suxeridos por este seguimento é o solapamento entre as áreas de campeo dos corvos mariños das distintas colonias do Parque.
Localizacións dun dos exemplares equipados na colonia de Sagres