Seguimento e avaliación de aves mariñas ameazadas

Seguimento e avaliación das aves mariñas ameazadas de Galicia. Survey, monitoring and assessment of endangered seabird populations in Galicia.

 

Sisargas

Adxudicáronnos a contratación do servizo para o seguimento e avaliación das poboacións reprodutoras de corvo mariño cristado, pardela cincenta, arao común e gaivota tridáctila en Galicia para o ano 2017.

Trátase dun contrato promovido pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e cofinanzada nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020.

As aves mariñas constitúen un dos elementos máis valiosos do patrimonio natural galego. O último censo completo é de 2007.

Realizouse o censo completo das seguintes especies: Corvo mariño (Phalacrocorax aristotelis), Pardela cincenta (Calonectris diomedea), Aro (Uria aalge) e Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla).

Ademáis, analizáronse as respectivas tendencias e máis avaliouse o estado de conservación e a viabilidade desas poboacións.

Vilán de Fóra e Sisarga Grande últimos lugares de cría do aro e da gaivota tridáctila na Península Ibérica