Censo e cartografía da camariña, unha planta endémica das dunas ibéricas atlánticas
Censo y cartografía de la camarina una planta endémica de las dunas ibéricas / Census and mapping of the Portuguese crowberry an endemic plant of the Iberian dunes
Realizamos o censo e cartografía da camariña na Zona de Especial Conservación (ZEC) Costa da Morte.
Unha camariña nova na duna móbil
A camariña (Corema album) é un arbusto leñoso endémico das dunas móbiles e fixas do litoral atlántico ibérico. Fóra da Península Ibérica nada máis que se distribúe, de forma natural, nas illas Azores. Vive moitos anos e as femias producen froitos carnosos que son consumidos por vertebrados. Unha das especies máis imortantes na dispersión das sementes de camariña é a gaivota patiamarela.
En Galicia repártese por unha ducia escasa de localidades situadas entre Ferrol e Vigo. Porén, a meirande parte desas poboacións son moi cativas e difícilmente viables. Só nas illas Cíes e máis na Costa da Morte é posible atopar poboacións numerosas. As poboacións galegas son moi interesantes porque conforman o límite límite norte de distribución da especie.
Plántula de camariña
Afortunadamente, os resultados do noso traballo invitan a ser optimista no tocante á persistencia a curto e medio prazo da camariña na ZEC Costa da Morte. De non haber graves alteracións ou perdas de hábitat dunar, a viabilidade das principais poboacións semella ser moi alta.
O tamaño da poboación foi estimado en decenas de miles de individuos — a máis numerosa poboación da especie— ocupa tódolos hábitats que lle son axeitados e máis ven reproducíndose normalmente.
A nosa proposta de posibles liñas de traballo para garantir a conservación da camariña e dos seus hábitats na ZEC Costa da Morte inclúe actuacións como:
O principal núcleo de distribución da camariña na Costa da Morte debería ser declarado Reserva Natural Estricta. Os hábitats que alí se atopan son moi vulnerables e moi valiosos;
A regulación e tutela dos usos actuais, principalmente o sendeirismo;
Actuacións de restauración ecolóxica de hábitats dunares invadidos polo mato e polas plantacións de piñeiro;
Programas de traslocación de sementes dispersadas por vertebrados;
Avanzar no coñecemento da bioloxía e ecoloxía destas poboacións con estudos sobre a súa demografía e dinámica poboacional.