Un dos eixos de actuación máis importantes da Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo (OMA) ao longo da miña etapa como director da mesma foi a rehabilitación ecolóxica dos campus da universidade.
Mediante diversas técnicas e metodoloxías de creación, restauración e naturalización dos hábitats, así como medidas de protección, reforzo e facilitación de poboacións animais, tratamos de fomentar e mellorar a biodiversidade de flora, fauna, hábitats e ecosistemas. Tratábase de facer dos Campus un lugar mellor para a biodiversidade e, por tanto, un mellor lugar para vivir.
Creamos e restauramos lagoas, naturalizamos estanques, canles, regatos, mananciais e levadas. Trasplantamos e plantamos miles de árbores e arbustos. Creamos bosques, sebes, prados. Restauramos matogueiras de uz. Desenvolvimos varios programas de conservación dirixidos ás poboacións e comunidades de anfibios, réptiles e aves. Podes atopar a memoria desas e outras actuacións da OMA picando aqui.
Das actuacións de creación e restauración de hábitats compre destacar o Plan de Revexetación do Campus das Lagoas de Marcosende. Este campus, de preto de 80 ha, está situado a 12 km de Vigo e acolle a meirande parte dos centros docentes e administrativos da UVigo.
A tala das vellas plantacións de piñeiro que alí se atopaban xunto cos efectos negativos dunha urbanización acelerada estaban a convertir o Campus nun lugar con graves problemas ecolóxicos e ambientais: erosión, escorrentía, contaminación das augas, colonización por especies invasoras, perda de hábitats valiosos, extincións locais. Co fin de frear esta degradación e máis facer do Campus un lugar visualmente atractivo e amable coa biodiversidade, plantáronse ao redor de 12.000 árbores e arbustos de especies autóctonas do noroeste ibérico nunha superficie de 60 ha. Un proxecto sen precedentes que aínda hoxe é referencia.
O meu agradecemento ás personas que apoiaron e acreditaron neste proxecto e, especialmente, ás que tan duramente traballaron sobre o terreo. Invítovos a disfrutar dun paseo polo Campus. Custa crer que hai pouco máis de dez anos aquelo fose un espazo degradado e prácticamente desprovisto de arboredo. Mais asi era.