Medidas para mitigar a captura accidental de aves nas pesquerías das ZEPAS mariñas galegas: Infografías

Published by

on

O traballo consistiu na elaboración de infografías dirixidas aos mariñeiros e pescadores que operan nas augas das ZEPA de Galicia, coa finalidade de contribuir á diminución dos efectos negativos da actividade pesqueira nas aves mariñas. As ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves) son espazos protexidos pola Unión Europea que forman parte da Rede Natura.

Encargado pola Fundación Galicia Obra Social e forma parte do proxecto Plan-ct- ON, finanzado polo Programa Pleamar e xestionado pola Fundacion Biodiversidad.

As infografías inclúen: (1) información sintética sobre os principais métodos de mitigación da captura accidental de aves mariñas nas artes de pesca empregadas nas ZEPAS de Galicia; (2) un protocolo de atención e coidados a bordo das aves mariñas accidentadas.


Pica nestas ligazóns para baixar o panel ou as pantallas das infografías / Click here to download the mitigation measures infographic (panel or phone-screens)

Pica nesta ligazón para baixar o manual de boas prácticas / Click here to download the manual of good practices