Restauración ecolóxica da Tomada

Ecological restoration of an oak woodland

Restauración ecolóxica dunha carballeira na parroquia de San Xoán de Calo (Teo)

A carballeira da Tomada é unha carballeira seminatural de perto dunha hectárea (9950 m2) situada no concello de Teo (42º49’24” / 08º35’39”). A restauración ecolóxica deste espazo ven dada pola necesidade de salvagardar o seu valor como hábitat seminatural de alto valor ecolóxico e característico do territorio (a carballeira de Quercus robur) e mais de incorporalo á oferta de lugares de lecer que o concello de Teo pon ao dispor de cidadáns e visitantes no marco do proxecto HABITATeo. Trátase de configurar unha nova tipoloxía de espazo natural, a medio camiño entre un “espazo verde urbano” e un “área natural protexida”. Compre, xa que logo, facer compatible o uso público coa conservación do hábitat e das especies que alí viven.

O obxectivo último da restauración é reverter, ou cando menos deter, os procesos de degradación ambiental que están a actuar sobre a carballeira da Tomada levándoa cara un estado de conservación axeitado no sentido de procurarlle o máximo grao posible de naturalidade na súa estrutura e composición. Á parte da dimensión ecolóxica é preciso ter en conta que a Tomada vai ser un espazo de uso público. Xa que logo, proponse unha restauración integradora que considera á carballeira como un ecosistema inserido nunha paisaxe e que cumple certas funcións, entre elas o de achegarlle a natureza ás persoas. As actuacións planteadas inciden sobre as principais ameazas identificadas: eliminación de especies vexetais alóctonas ou exóticas (Robinia pseudoacacia, Tradescantia fluminensis); a retirada de lixo e residuos sólidos urbanos; a plantación de árbores e arbustos autóctonos; a facilitación dos procesos de sucesión ecolóxica, e máis a dotación de elementos sinxelos para o lecer e desfrute do sitio.

MAPA DE HÁBITATS DA TOMADA / MAP OF MAIN ECOLOGICAL HABITATS
Mapa de hábitats ao comezo da restauración / Map showing the main habitats at the beginning of the restoration.
Actuacións de eliminación de Robinia pseudoacacia / Removal of Robinia pseudoacacia, an invasive tree species
Actuacións de eliminación de Robinia pseudoacacia
Removal of Black Locust (Robinia pseudoacacia), an invasive tree species
As robinias foron plantadas hai 30-40 anos / Black locusts were introduced 30-40 years ago
Zona de eliminación de Tradescantia fluminensis / Area invaded by Tradescantia fluminensis
Retirada manual de Tradescantia / Removal by hand of Tradescantia
PANTERLO Nº3 (punto de escoita de aves) / PANTERLO no.3 (bird listening point)
PANTERLO Nº3. Os panterlos sinalan puntos de escoita de aves e foron construidos con madeira obtida nas labores de restauración / Panterlos are simple wooden structures intended to mark the points suggested for bird listening and were made entirely with wood from the invasive tree species that were removed during the restoration.
A Roda, punto de reunión na Tomada realizado con troncos de Robinia / A Roda meeting point
Construción da Roda / A Roda was made with Black Locust trunks
Panel explicativo da Tomada / Interpretation panel