Entre xaneiro e novembro de 2021 fomos responsables da conservación das aves e dos quirópteros afectados polas obras de restauración da Igrexa de San Frutuoso, un fermoso edificio de planta central (1754-1765) situado no casco histórico de Santiago de Compostela, a carón mesmo da Praza do Obradoiro. Os traballos de inspección e observación realizados levaron á conclusión de que o elemento ecolóxico máis valioso en relación á biodiversidade de vertebrados é, de lonxe, a colonia de cirrios (Apus apus) que aniñan na cuberta do ciborio. Outro dos elementos ecolóxicos valiosos relaciónase coa fauna de quirópteros ao localizarse a igrexa a carón dunha zona importante como hábitat de alimentación para os quirópteros urbanos de Santiago. As medidas construtivas dirixidas á conservación da colonia de cirrio consistiron na preservación e adaptación dos ocos da cuberta do ciborio baixo a placa ondulada de fibrocemento: (1) Permitir o libre acceso aos 180 ocos do beiril da cuberta; (2) Reducir as dimensións de entrada dos ocos; (3) Proxectar máis cara a fóra as tellas do beiril. As medidas de conservación de quirópteros consistiron na fabricación e instalación de dous refuxios modelo Kent (Kent Bat Box) na traseira da torre do campanario. Os cirrios ocuparon o ciborio ao día seguinte de retirarse o andamio que cubría o tambor do ciborio e valéronlles tanto ocos simples como ocos ós que se lles reducira o tamaño da entrada.
Diagnóstico e conservación das poboacións de vertebrados (aves e quirópteros) afectados polo proxecto de restauración da Igrexa de San Frutuoso en Santiago de Compostela