Restauración ecolóxica dunha carballeira na parroquia de San Xoán de Calo (Teo)
A carballeira da Tomada é unha carballeira seminatural de perto dunha hectárea (9950 m2) situada no concello de Teo (42º49’24” / 08º35’39”). A restauración ecolóxica deste espazo ven dada pola necesidade de salvagardar o seu valor como hábitat seminatural de alto valor ecolóxico e característico do territorio (a carballeira de Quercus robur) e mais de incorporalo á oferta de lugares de lecer que o concello de Teo pon ao dispor de cidadáns e visitantes no marco do proxecto HABITATeo. Trátase de configurar unha nova tipoloxía de espazo natural, a medio camiño entre un “espazo verde urbano” e un “área natural protexida”. Compre, xa que logo, facer compatible o uso público coa conservación do hábitat e das especies que alí viven.
O obxectivo último da restauración é reverter, ou cando menos deter, os procesos de degradación ambiental que están a actuar sobre a carballeira da Tomada levándoa cara un estado de conservación axeitado no sentido de procurarlle o máximo grao posible de naturalidade na súa estrutura e composición. Á parte da dimensión ecolóxica é preciso ter en conta que a Tomada vai ser un espazo de uso público. Xa que logo, proponse unha restauración integradora que considera á carballeira como un ecosistema inserido nunha paisaxe e que cumple certas funcións, entre elas o de achegarlle a natureza ás persoas. As actuacións planteadas inciden sobre as principais ameazas identificadas: eliminación de especies vexetais alóctonas ou exóticas (Robinia pseudoacacia, Tradescantia fluminensis); a retirada de lixo e residuos sólidos urbanos; a plantación de árbores e arbustos autóctonos; a facilitación dos procesos de sucesión ecolóxica, e máis a dotación de elementos sinxelos para o lecer e desfrute do sitio.


Removal of Black Locust (Robinia pseudoacacia), an invasive tree species








