Medidas para mitigar a captura accidental de aves nas pesquerías das ZEPAS mariñas galegas: Infografías e Manual de Boas Prácticas
In collaboration with David Carballal we produced a series of infographics plus a Good Practices Manual to inform about available mitigation measures to reduce seabird bycatch such as the use of effective bird-scaring devices or the proper management of bait and offal to keep birds away from fishing gear.

O traballo consistiu na redacción dun manual de boas prácticas e máis na elaboración de infografías dirixidas aos mariñeiros e pescadores que operan nas augas das ZEPA de Galicia, coa finalidade de contribuir á diminución dos efectos negativos da actividade pesqueira nas aves mariñas. As ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves) son espazos protexidos pola Unión Europea que forman parte da Rede Natura.
Encargado pola Fundación Galicia Obra Social, esta actuación forma parte do proxecto Plan-ct- ON, finanzado polo Programa Pleamar e xestionado pola Fundacion Biodiversidad.
As infografías inclúen: (1) información sintética sobre os principais métodos de mitigación da captura accidental de aves mariñas nas artes de pesca empregadas nas ZEPAS de Galicia; (2) un protocolo de atención e coidados a bordo das aves mariñas accidentadas.
O manual de boas prácticas, sinxelo e divulgativo, desenvolve específicamente os temas e cuestións tratados nas infografías e, de xeito xeral: (1) A biodiversidade de aves mariñas nas ZEPAS mariñas de Galicia; (2) As recomendacións de boas prácticas encamiñadas a evitar a captura accidental de aves mariñas nas artes de pesca; e, (3) Os coidados a bordo dunha ave ferida.


