biodiversidade galego

biodiversidade

cenizo suido

Biodiversidade é o termo que fai referencia á variedade de formas de vida, os xenes que elas conteñen e máis os sistemas ecolóxicos nos que esas formas se dan organizado. Esta definición axústase á proposta no Convenio sobre a Diversidade Biolóxica e máis ou menos ven dicir que ademáis da biodiversidade «clásica», a que ten que ver coa riqueza de especies dun territorio, tamén compre ter en conta xenotipos, poboacións, hábitats e ecosistemas. Enton, enrriba da diversidade taxonómica estaría a diversidade ecolóxica, e por debaixo, a xenética.

Xa que logo, se unha das unidades fundamentais da biodiversidade son as especies, a maneira boa de coñecer a biodiversidade dun lugar determinado é contar as especies que o habitan. Isto é doado dicilo mais, de non ser que traballemos en espazos reducidos ou nos limitemos a censar algún dos grupos mellor coñecidos, resulta virtualmente imposible facelo. No mundo hai moitísimas especies e unha boa parte delas aínda están por descobrir. Un dos proxectos a teimar no reconto e inventario da biodiversidade é Tree of Life (Árbore da Vida).

A biodiversidade atópase ameazada de máis. De feito, vivimos nunha crise de biodiversidade sen precedentes: nunca antes a taxa de extinción de especies (número de especies que desaparecen por unidade de tempo) tiña sido tan alta. A escala mundial a organización que avalía o estado de conservación das especies (se están ou non ameazadas de extinción e máis en que grao) é a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN). Outra particularidade da crise de biodiversidade que está a padecer o planeta é o de  estar causada por unha especie só, nos mesmos.

E porqué preocuparse da perda de biodiversidade?, porqué conservala? Pois existen múltiples razóns que se agrupan en diferentes categorías. Dunha parte están as cuestións éticas. Moitas persoas pensan (eu tamén) que a especie humana ten a obriga (moral) de evitar a perda de biodiversidade.

As cuestións estéticas tamén son importantes xa que a biodiversidade enriquece as nosas vidas: abonda imaxinar un mundo sen paxaros. Ou sen flores.

Pero é que ademáis, sáenos a conta conservar a diversidade de formas de vida coas que compartimos planeta porque non facelo é carísimo. Unha morea de evidencias indican que a perda de biodiversidade afecta negativamente aos servizos dos ecosistemas. Tense calculado que os servizos que nos proporcionan os ecosistemas, traducidos a diñeiro, equivalen ao duplo do produto interior bruto mundial. As interaccións que establecen as especies entre elas e máis cos compoñentes do medio físico constitúen a urdime que sostén aos ecosistemas. Conforme se perden as especies o tecido de interaccións debilítase, o funcionamento dos ecosistemas empeora e a calidade dos servizos que eles nos proporcionan degrádase. E así ata que a urdime rompe, o ecosistema colapsa, e xa non proporciona servizo ningún.

Seguramente é posible imaxinar a vida, incluso a vida humana, no seo de ecosistemas simples e autosuficientes, mais, en serio hai alguén que de verdade queira vivir nunha burbulla?

Munilla Biodiversidade • Es la plataforma de asesoría y consulta de Ignacio Munilla. • Is the consulting vehicle for Ignacio Munilla. • É a plataforma de asesoramento e consultoría de Ignacio Munilla.

0 comments on “biodiversidade

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: