225 km / 24 h

Published by

on


225 km / 24 h

Serie documental en catro capítulos que fai un percorrido transversal (leste – oeste) pola paisaxe galega seguindo o Camiño de Santiago ao longo dun día figurado. O filme da conta de como vai cambiando a paisaxe en Galicia da montaña ao mar, do máis deserto ao máis poboado, do máis natural ao máis urbanizado.

1. Montañas do Leste: Territorios de montaña entre 800 e 1800 m de altitude. Do mencer ás 10:00 horas.
2. Terras Medias: Territorios entre 400 e 800 m de altitude da bacia central do río Miño. Das 10:00 ás 14:00 horas.
3. Dorsal e Terras Baixas: Territorios por debaixo dos 400 m de altitude na fachada atlántica. Das 14:00 ás 18:00 horas. .
4. Ribeira do Mar: Territorios da beiramar. Das 18:00 horas ao solpor.


EQUIPO
Produción audiovisual: Miramemira
Deseño de contidos: Nacho Munilla
Guión: Nacho Munilla e Andrea Vázquez
Realización e cámara: Damián Varela
Montaxe e postprodución sonora: Belén G. Ojea
Produción:Andrea Vázquez